O clube hípico Juan Oliveira está situado en Mouriscade, nun entorno natural moi próximo a Lalín.
O clube constitúese no ano 2005 como punto de encontro de todas aquelas persoas que desexan disfrutar dos deportes ecuestres e participar do mundo do cabalo.
O noso clube debe o seu nome o escultor Juan José de Oliveira Vieitez, especializado en figuras monumentais de cabalos e touros. En Vigo atópanse as súas obras máis recoñecidas como o monumento aos cabalos da praza de España ou o monumento a Europa na praia de Samil. En Lalín tamén dispoñemos dunha das suas obras, situada na zona da vila xa coñecida por ser " a praza dos cabalos ".
As actividades nas instalacións de Mouriscade inclúen clases de iniciación á equitación, rutas a cabalo, raid, doma e desbrave, así como clases de doma clásica, salto e horseball.